20/03/17

FOTOHAIKUS DE PRIMAVERA (XVIII)

Lucía Canosa recunca neste proxecto de compartir pensamentos, emocións e imaxes...


Un fiel amigo
sempre estará intentando
facerte feliz
 
 
 
 

FOTOHAIKUS DE PRIMAVERA (XVII)

Nova achega de Alejandro Varela ...


Noites bonitas,
mirando esta paisaxe,
noites pensando.
 
 

FOTOHAIKU DE PRIMAVERA (XVI)

Unha nova cara da primavera no obxectivo de Juan Varela...

Veñen as nubes,
cheas de lágrimas,
que triste día.
 
 

FOTOHAIKU DE PRIMAVERA (XV)

E con todas nós... David Amado!!!


Isto comeza
adeus inverno
chega bo tempo

FOTOHAIKU DE PRIMAVERA (XIV)

Adriana Varela amosa unha perspectiva de altura...

En primavera
a tristeza das nubes
vaise moi lonxe
 
 

FOTOHAIKU DE PRIMAVERA (XIII)

Miriam Ares comeza a xeira poética desta primeira semana primaveral...

Reflexo calmo
das ondas do océano
na noite escura
 
 

16/03/17

FOTOHAIKUS DE PRIMAVERA (IX)

E que vos parece esta proposta de Lucía Olmedo?


Todo florece

chegou a primavera 

vida de novo


FOTOHAIKUS DE PRIMAVERA (VIII)

Patricia Bardanca continúa achegando palabras e imaxes...

Contigo marchou,
co nacer da túa luz
vóltalle a vida.


FOTOHAIKUS DE PRIMAVERA (VII)

Marta Tato partilla connosco unha nova e suxerente imaxe poética...


Paisaxes mudas
reflexan fermosura
do bo atardecer 


FOTOHAIKUS DE PRIMAVERA (VI)

María Rodríguez toma o relevo de hoxe...

As cores vivas
reflexan a chegada
da primavera


FOTOHAIKUS DE PRIMAVERA (V)

Sabela Echegaray toma o relevo nesta experiencia fotopoética que dá a benvida á primavera.

Na primavera
nos ollos do mar calmo
o sol reflexa.



FOTOHAIKUS DE PRIMAVERA (IV)

Leticia Bermúdez achéganos a súa perspectiva poético-fotográfica.

Marcha a nevada
veñen as andoriñas
chegan as flores


13/03/17

11/03/17

FOTOHAIKUS DE PRIMAVERA (I)

Imos poñernos en disposición de recibir a primavera e a poesía o próximo 21 de marzo e para iso non hai mellor xeito que observarmos como a natureza espile o inverno e agroman novas cores e olores e retratarmos este momento coas nosas percepcións transformadas en haikus.

Recibimos o primeiro fotohaiku de Antía Varela e agardamos polos vosos!!!

No mes de marzo
volven saír as flores
foxe o mal tempo


DESPEDIDA