29/03/16

PESENTACIÓN DO POEMARIO DE ÁLVARO ANTELO

Hai unhas semanas anunciabamos o recital do noso excompañeiro, Álvaro Antelo, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, xunto a moitas poetas galegas que lembraban a Lois Pereiro.

Álvaro Antelo recitando xunrt ás poetas Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa

Este venres 1 de abril será unha boa oportunidade para o encontro co noso poeta na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, onde presentará o seu primeiro poemario, Entremeses.

Parabéns, Álvaro!





13/03/16

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA NA REDE


Que queremos saber sobre a historia da literatura galega na rede? Que dato precisamos lembrar? Por acaso temos que preparar algún traballo ou presentación dinámica para expor na aula?

Agora que tanto esforzo nos custa irmos ás fontes bibliográficas en papel, xa non hai escusa para sabermos máis sobre ese longo camiño que leva percorrido a literatura galega desde aqueles primeiros textos líricos de finais do XII que comezamos a estudar en 3º de ESO.

Navegade por aquí entre liñas que non hai xeito de perder o fío...


01/03/16

24F DÍA DE ROSALÍA


Todo pronto no centro para celebrarmos mañá mércores 24 de febreiro o Día de Rosalía.

Desta volta con moitas sorpresas, dentro e fóra do centro.

E, por suposto, non esqueceremos chiar e rechiar o verso rosaliano de Cantares gallegos que promove a AELG dentro da campaña #mobilizarosalia:


"Trocando en sonrisas /  queixiñas e choros"



PARABÉNS PARA ÁLVARO ANTELO


 Non hai tanto tempo que rematou a súa vida académica no noso centro Álvaro Antelo e velaí o encontramos novamente como poeta no escenario do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, na homenaxe poética "Vinte voces por Lois" que se celebrou o pasado domingo 28 de febreiro.

No acto interviron poetas ben consagrados da poética galega actual -na foto podemos ver a Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa- covocados para lembrar o vinte cabodano do pasamento do poeta Lois Pereiro no mes en que cumpriría 58 anos.

Os nosos parabéns polo impecábel recital do noso excompañeiro Álvaro Antelo e mais pola súa recente primeira publicación, o poemario Entremeses.

DESPEDIDA