25/09/12

LUGO, CIDADE ROMANA

Iniciamos a materia en 3º desde unha auténtica xoia galega, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2000: a muralla romana de Lugo.


Propóñovos unha viaxe "intelectual" á procura de información de interese sobre a muralla desde este enlace: 

http://gl.wikipedia.org/wiki/Muralla_de_Lugo

En breve, aparecerán por aquí unhas preguntiñas que recompilen aquilo que ningún galego ou galega debe ignorar sobre esta magna obra romana. 

Olliño ao parche!

PARABÉNS, LUCÍA!

A FERVENZA DE RUS (CARBALLO)
                 Lucía Ramos Lage, de 3º A, foi a gañadora do concurso "Un lugar por descubrir".

Desta volta, a fotografía representaba un lugar ben pertiño de nós:



24/09/12

OLLIÑO Á PUNTUACIÓN!

Xa sabemos que os sinais de puntuación son importantes. 

Mesmo sabemos (de memoria) as normas para a súa correcta aplicación. 

Con todo, á hora da verdade,  cando nos poñemos a escribir non sempre o facemos ben.

Un punto ou unha coma colocado onde non procede pode crear confusión na lectura e incluso alterar por completo o contido dun texto escrito.

Puntuade este testamento e xa veremos quen é a persoa que leva esta suculenta herdanza!!!





“Eu déixolle os meus bens ao meu fillo non ao meu sobriño tampouco de maneira ningunha eu quero que a miña herdanza pase ao meu irmán non lle deixo o meu legado á miña esposa de xeito ningún os meus bens son para o meu cuñado”

21/09/12

LINGUATWITT

Dámoslle a benvida a esta nova xaneliña que se abre para o galego desde as redes sociais. A petición masiva desta opción lingüística por parte de milleriros de twitteir@s fíxoo realidade.


http://www.sermosgaliza.com/artigo/lingua/galiza-xa-chia-en-galego/20120920210110005329.html


EU TWITTEO EN GALEGO... E TI?

18/09/12

ESTREANDO CURSO E CAFETARÍA

Hoxe a gran nova do centro foi a apertura inminente da cafetaría. 

Que sería de nós sen eses magníficos...




... de chourizo con/sen queixo?

Dámoslle a benvida aos máis responsábeis de todo o centro: a alumnado de 4º!!!

E facémolo co humor de Luís Davila

Ídelle botando unhas risas que xa falaremos logo dos deberes...



DESPEDIDA