08/12/17

ENCONTRO COA ESCRITORA EVA MEJUTO


Rematada a lectura da primera novela de Eva Mejuto, 22 segundos, chegou o momento de nos encontrar os grupos de 4º ESO con ela para partillar as nosas impresións como lectoras dunha novela diferente, valente e moi necesaria.

A súa visita permitiunos coñecer o proceso de creación e de investigación profunda sobre un tema que segue a ser socialmente un gran descoñecido e por iso un gran tabú: a transexualidade.

Moitísimas grazas, Eva, polo esforzo que fixeches para vir compartir connosco un anaquiño de tarde.



2 comentarios:

  1. Encantoume esta nova experiencia co libro de 22 segundos que seguro que mais de unha persoa lle había encantar. O encontro con Eva Mejuto foi unha moi boa experiencia e grazas a ela conseguimos resolver moitas dubidas. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Non me puido gustar máis este encontro!Da gusto poder compartir as túas opinións con unha escritora tan agradable como foi Eva, repetiría esta experiencia sen pensalo. Sigue escribindo libros coma este!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA