30/09/14

TRADUCIÓN DO POEMARIO NIMBOS AO INGLÉS






O 30 de setembro de 1906 concluía un longo proceso ilusionante comezado había algo máis dun ano antes ao se inaugurar oficialmente na Coruña a sede da Real Academia Galega.

Neste día de celebración acudimos ao seu web para sabermos máis desta institución e tamén para descubrir unha nova ben interesante: a tradución ao inglés, a cargo de John Rutherford, de Nimbos, a obra magna de Xosé Mª Díaz Castro, o autor homenaxeado o pasado Día das Letras Galegas.



Coñezamos a valoración desta obra poética e do proceso de traslación lingüística en palabras do seu tradutor nesta entrevista que difunde a RAG. 

28/09/14

GALEGO EN LONDRES TAMÉN ARRANCA NOVO CURSO


Como? É posíbel estudar galego en secundaria en Londres?

Pois todo indica que si e dende hai varios anos!!!

O alumnado do IE Cañada Blanch de  Londres tamén inicia curso 2014-2015 e, como vén sendo habitual e moi propio de xente ben educadiña, preséntansenos publicamente.

Biografías lingüísticas que algúns centos de quilómetros de distancia física entre Coristanco e Londres non nos van impedir coñecer.

Agardamos as vosas mensaxes e impresións sobre este vídeo na sección "Comentarios".


14/09/14

BENVIDA AO CURSO 2014-2015




A quen se achega por este punto de encontro coa vertixe de toda primeira vez ou recunca un ano máis, aínda no mesmo curso por algún estraño despiste ou noutro superior, dámosvos a benvida!!!

En Lingua de Alcaián acharedes un complemento formativo ás aulas presenciais de lingua e literatura galega no Pichel.

En Lingua de Alcaián, como di a lenda do noso concello, non todo está na superficie, así que teremos que espilir os cinco sentidos para ir máis aló nas nosas preguntas. Precísanse compañeir@s de viaxe con capacidade de observación, curiosidade, inquietude, dúbidas e iniciativa propia. Serás ti un/unha delas?

Imos poñer a proba xa a vosa atención

QUE VES NESTA IMAXE?

Deixa a túa resposta inmediata na sección comentarios. As cinco primeiras persoas gañadoras levarán cadanseu premio!!!





DESPEDIDA