19/05/14

CORRELINGUA, UN PASO ADIANTE!!!

O pasado xoves 15 de maio o CORRELINGUA chegou á Coruña e nós fomos aló, á festa final, despois de ter participado nos diferentes concursos que se convocaron ao longo do ano.

Unha xornada festiva e reivindicativa que xa queda na nosa memoria persoal e fotográfica.




18/05/14

EUROVISIÓN E LINGUAS MINORIZADAS


Velaquí o enlace ao artigo "Eurovisión, globalización e linguas minorizadas" do profesor da USC Francisco Fernández Rei.

Lembrade os contidos da tarefa que debedes realizar:

1. Resumo do contido do artigo
2. Comentario crítico

16/05/14

17 DE MAIO DE 2014: XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO



Mañá é o Día das Letras Galegas, unha data de recoñecemento do sistema literario galego que leva camiñando, paso a paso, desde a lírica medieval, nada máis e nada menos que oito séculos.

Mañá é o día perfecto para comezar coa lectura dun autor ben significativo da segunda metade do século XX: Xosé Mª Díaz Castro.

Imos achegarnos a el desde esta Lingua de Alcaián, grazas ao labor didáctico que comparten connosco desde diferentes propostas pedagóxicas escolares.


O poema "Penélope" é con certeza o máis recoñecido do autor pola súa simboloxía metafórica ao identificar a mítica Penélope con Galiza.

DESPEDIDA